Novas intruccións.

Boas a todas e a todos. 
 
Como xa vos comentei nas primeiras instruccións que publiquei como entrada neste blog, nestes días/semanas de clases a distancia, como tarefas docentes propoñía seguir avanzando nos exercicios dos libros e cadernos das diferentes asignaturas, así como traballar a lectura e a escritura con diferentes textos que podían atopar pola casa ou nos libros citados anteriormente.

Como se está acercando o final da segunda avaliación, para os exercicios propostos imos a chegar ata o final da 2ª avaliación, é dicir:
Lingua Galega, Lengua Castellana e Matemáticas: ata o final do libro e do caderno da 2ª avaliación.
Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza: ata a unidade 6 (incluída) do libro. 

Se alguén avanzou máis, non importa, xa que lle queda ese traballo feito para a 3ª avaliación. 

Eu seguirei correxindo os exercicios que me enviedes, poñendo anotacións nos mesmos sobre contidos que haxa que reforzar individualizadamente, e publicando no blog algunhas actividades de reforzo. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

LENGUA CASTELLANA. REPASO DEL TEMA 6 - 1º DE PRIMARIA (2º DE PRIMARIA OPCIONAL) / 23-3-20

Matemáticas 16/03/20. 1º y 2º primaria.