Instruccións para 1º e 2º de primaria de cara ás vindeiras semanas sen tempo lectivo presencial.

Este é o meu correo electrónico: ignaciopedrosa@edu.xunta.es.
Aquí podedes mandarme adxunto os exercicios do libro de texto que vaian rematando os vosos fillos e fillas, para eu poder ir realizando as correccións dos mesmos. O xoves 12 de Marzo comenteilles na clase que sería importante ler e escribir, para ir mellorando paulatinamente. Ademais dos propios libros que poidan ter na casa para ler e que lles resulten motivadores, dentro dos libros de texto de cada asignatura teñen diferentes lecturas (contos, poemas, explicacións dunha materia...) coas que poden practicar tanto a escritura como a lectura diaria. Sempre facéndoo dun xeito cómodo e tranquilo. En canto aos exercicios dos libros e cadernos de texto, tamén lles expliquei que poden seguir facendo os exercicios onde esté cada un, para irmos enviando escaneados e que eu poida ilos correxindo. Se algún non o entende  ou precisa axuda pois tentamos axudarlles entre vos e eu. Rebeca ten feitas unhas correccións no libro de cada alumno ou alumna, así que sería enviarme a partir desas correccións. Irei creando mais entradas para ir enviando a través deste blog mais traballo. De momento temos os deberes de matemáticas do venres 13 de Marzo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novas intruccións.